Notícias Peregrinas

Convide a um amigo a visitar este site
 
 
A Fisterrana ou Finisterrana

A Fisterrana, diploma acreditativo da chegada dos peregrinos a Fisterra, nace polo ano1997, estando de Alcalde naquel momento Don Ernesto Insua Olveira o cal fai entrega da primeira Fisterrana o 09 de agosto dese mesmo ano con motivo da I Marcha Peregrinación Santiago-Fisterra-Muxía da Asociación Neria. Eran anos aqueles de loita polo recoñecemento deste Camiño.

A Fisterrana

A primeira Fisterrana era un debuxo do artista galego Correa Corredoira, polo ano 1999 faise o cambio e aparece o actual modelo do pintor Enric Pascó, gran amigo deste pobo e coñecedor desta temática, o cal intentou que neste debuxo quedara impreso toda a máxia, impresións e inquedanzas de todos aqueles peregrinos que se achegaban a nós.

Definición de toda a simboloxía:

Os catro evanxelistas: Simboloxía da cristianización de tódolos camiños, incluido o Camiño a Fisterra.

León: San Marcos
Aguia: San Juan
Toro: San Lucas
Home: San Mateo

Alfa e Omega: O principio e o fin, nós consideramos que nadie pode marcar nin o principio nin o fin do camiño de ningún peregrino, soamente o peregrino sabe onde empeza e remata o seu camiñar. Fisterra pode ser este principio e este fin pero eso é algo que decide cada un.

O Cristo: O Cristo da barba dourada figura que se venera na Igrexia de Santa María das Areas do século XII, que se atopa na estrada que vai para o Farol. É a figura máis representativa deste pobo ocupando un posto privilexiado na Fisterrana.

A Vieira: Realmente ninguen se parou a pensar que realmente si ti comenzas o Camiño desde Francia por exemplo a única vieira que atopas é nalgunha tenda, pois aquí non, podes atópala na praia da Langosteira, porta de entrada do noso pobo. Dixe que os antigos peregrinos que chegaban ata o final da terra coñecida para os Romanos (Fisterra), recollían a cuncha para dar fe de que chegaran a este punto.

Fisterra; o Mar e o Sol: Falase de tres ritos de purificación que realizades os peregrinos cando chegades as nosas terras: ver a posta de sol, queimala roupa e bañarse. Que mellor lugar para vela posta de solo e queimar a roupa que o Farol ou a Praia de Mar de Fora, pero non para bañarse meus compañeiros, que si o facedes nestes dous lugares podedes perdela vida e non seriades os primeiros.

A Posta de Sol: En etapas anteriores do Camiño sempre vedes saír o sol e nunca poñerse como o ides ver en Fisterra, as postas de sol neste lugar son das máis impresionantes que vos podedes imaxinar. Pensade que esta posta de sol significa a morte diaria e a resurrección, o día seguinte este sol que vistedes morrer renace con máis forza, a mesma coa que renacen os peregrinos en cada etapa.

Queimar a roupa: Deixar atrás toda aquela parte material que non nos sirve para nada e quedarnos coas partes máis positivas do Camiño.

Bañarse significa a purificación física deixar atrás todo o polvo do camiño e deixar atrás tódolos problemas para renacer de novo.


ALBERGUE
Rúa Real, nº 2, o lado do porto.
15155 Fisterra. A Coruña. España
Teléfono: 981-740781
Fax: 981-740677
Email: alberguefisterra@eresmas.com

O Albergue de Fisterra consta de 24 plazas, duchas, aseos, cociña, comedor, calefacción lavadora e secadora. Espacios para bicicletas. Non se admiten animais.

Horario: (pendente de cambio).

Inverno: De 09:00 a 14:00 horas e de 19:00 a 22:00 Horas
De verán: De 09:00 a 15:00 horas e de 19:00 a 23:00 Horas.

Aviso importante:

Neste Albergue soamente se admiten aqueles peregrinos que acrediten con sellos ter feito o Camiño Santiago-Fisterra a pé, en bici ou a cabalo, nunca en autobús ou outro medio de locomoción.

ESTATÍSTICAS PEREGRINOS

ANO 1997: 368
ANO 1998: 1353
ANO 1999: 3778
ANO 2000: 2862
ANO 2001: 3932

Enviado por Acacio da Paz
 
Parte integrante do site Caminho de Santiago de Compostela - O Portal Peregrino
Copyright  1996-2003